O toldo vermello de Bolonia

Decembro 19th, 2011

«Gustaríame comprar unha peza desa tea vermella. Non sei que vou facer con ela. Poida que só a necesite para facer este retrato. En calquera caso, podes tocala, engurrala, alisala, poñela ao sol, colgala, dobrala, soñar co que hai ao outro lado.»

Un deses libros de difícil clasificación. Outra maneira de sentir, de viaxar, de narrar…

John Berger en estado puro. Imprescindible.

Decembro 6th, 2011

Da pasada fin de semana, mentres facía fotos para un encargo no concello asturiano de Taramundi.

Novembro 18th, 2011

Malos tempos para o rural…

Novembro 2nd, 2011

Quen non quixo ter algunha vez unha cámara Polaroid nas súas mans?

O certo é que levo un tempo na procura dunha delas e cargas de película suficientes para preparar un pequeno traballo, pero polo de agora non a dei conseguido. Con todo, grazas aos avances da tecnoloxía puiden probar este domingo un novo xoguete. A xenerosidade do meu cuñado, que me deixou durante toda unha tarde o seu teléfono móbil, unha aplicación que simula o efecto deste tipo de película, e coma sempre, moitas ganas de fotografar, fixeron posible que fose configurando o bosquexo do que algún día será un novo proxecto. Xa sabedes, outro de tantos…

Outubro 26th, 2011

Tempos mortos

Setembro 27th, 2011

«Ás veces non hai nada que dicir. Ou haino, pero o momento non é o oportuno. As pausas e os tempos mortos son tan importantes coma os períodos de produción. A expectación contemplativa e o silencio axúdanche a manter abertos os ollos e os oídos, para que se vaia filtrando por eles o material. A escritura é unha forma de mirar e unha forma de escoitar. A escritura é unha forma de estar no mundo. É dicir: unha forma de vivir, de respirar. E de agardar.»

Roger Wolfe
Tiempos muertos / Editorial Huacanamo

Probade a cambiar a palabra escritura por fotografía. Toda unha declaración de principios…

Se queredes ler o texto completo premede neste enlace.

Setembro 21st, 2011

Dende que era neno, sempre que escoito pasar un avión sobre a miña cabeza sinto a necesidade de localizalo. Ao principio non entendía moi ben por que o son chegaba dunha parte do ceo mentres o avión estaba noutra diferente. Agora, tras o paso pola escola, xa sei que o son e a luz se propagan a diferente velocidade, pero eso non impide que siga coa miña teima.

Supoño que é algo atávico. Desexamos romper barreiras e movernos con plena liberdade, ter tempo para descubrir cousas novas e coñecer outros lugares, pero seguimos presos nesta roda infernal na que se convirte ás veces o cotián. Quizá coa nosa vida sedentaria procuremos a estabilidade ou certa seguridade, pero nestes tempos que corren, onde todo semella esvaecerse por momentos, pouca marxe queda para a certeza.

Desta volta tocoume quedar en terra. Se cadra outro día vexo as cousas dende outra perspectiva…

Escoitei falar deste libro hai xa un par de anos, mentres asistía a un taller fotográfico. Quedou anotado, coma tantos outros, na lista de lecturas pendentes, esa que non deixa de medrar e ás veces semella inabarcable. Hai un par de meses atopei un exemplar na libraría mentres buscaba outras cousas, e decidín mercalo para lelo durante as miñas vacacións. O certo é que non puiden agardar tanto, e logo de lelo non se me ocorre mellor cousa que recomendalo.

Unha viaxe en moto co seu fillo é o punto de partida que escolle Robert M. Pirsig para explorar a nosa herdanza filosófica e tratar de tender pontes entre a visión occidental do mundo e a oriental. O autor aposta por unha vía intermedia na que poidamos liberarnos dos nosos prexuízos e tratemos de comprender o mundo dende unha perspectiva diferente.

Para obter máis información sobre este libro podedes visitar a páxina da editorial Sexto Piso

«Queres saber como pintar un cadro perfecto? É doado. Faite perfecto ti mesmo e logo pinta con naturalidade. Así é como o fan os expertos. Pintar un cadro ou reparar unha motocicleta non é algo illado do resto da túa existencia.»

Xullo 27th, 2011

Xullo 14th, 2011

Olark Livehelp